O Concello acondiciona o baixo cedido á Asociación Cultural O Lacón, nos baixos das vivendas sociais

Silleda, 8 de abril de 2015. O Concello de Silleda está a acometer estes días traballos de acondicionamento nos baixos das vivendas sociais, onde se atopan os locais de varios colectivos.

En concreto estanse a realizar obras no espazo cedido á Asociación Cultural O Lacón, que aínda estaba en condicións de obra. Así, operarios municipais proceden estes días a dotar de formigón o piso do local e ao acondicionamento dos aseos.

“Con estes traballos queremos seguir mellorando as instalacións que usan os colectivos e asociacións silledenses, unha forma de apoiar tamén a actividade que desenvolven”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que tamén se están a acometer obras de mellora en locais sociais das parroquias.