O Concello acondiciona o calello do Muiñeiro, na Bandeira

Silleda, 16 de decembro de 2016.  O Concello de Silleda procedeu hoxe ao arranxo do Calello do Muiñeiro, unha vía adxacente a rúa Ramón de Valenzuela da Bandeira que se atopaba en moi mal estado.

Este pequeno tramo, que levaba décadas sen arranxar, foi dotado con aglomerado en quente. O concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, achegouse ata a localidade para supervisar os traballos deste calello que da servicio a varios veciños, xa que é a vía de acceso a garaxes de edificios, entre outros.

Con esta actuación continúase apostando pola de mellora de infraestruturas e servizos.