O Concello arranxa o acceso ao lugar de Vilar de Graba, en colaboración cos veciños

Silleda, 27 de febreiro de 2015. O Concello de Silleda está a acometer estes días obras de mellora no acceso ao lugar de Vilar de Graba. Nesta actuación tamén están a colaborar os veciños e veciñas do lugar, realizando distintas tarefas de apoio.

“Esta liña de colaboración é moi importante ao igual que se vén facendo noutras actuacións”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, destacando que se trata de unha inversión económica “moi importante” para o formigado do acceso.

Accións en Pedrouzo

Por outra banda, dende o goberno municipal tamén se está a traballar para solventar “canto antes” o problema dos desperfectos no vial de Pedrouzo, tamén na parroquia de Graba. Cuiña advirte que á marxe da inversión económica, que asumirá o Concello, a actuación ten unha serie de dificultades técnicas que requiren a intervención de Augas de Galicia. “Xa estamos realizando as xestións para poder dar solucións o antes posible”, sinala o alcalde.