O Concello asina a operación de tesourería co BBVA para abonar a débeda principal con Indeza

Silleda, 23 de decembro de 2015. O alcalde de Silleda e responsable de Facenda, Manuel Cuiña, asinou hoxe con representantes de BBVA a operación de tesoureira que se vén renovando nos últimos anos para facer frente á débeda principal do Concello de Silleda coa empresa Indeza, por valor de 500.000 euros.

Cuiña explica que esta operación, que saiu a concurso público entre as entidades bancarias, se ven renovando cada ano coa amortización de 5.000 euros ao mes máis intereses. A operación contratouse no seu día cun tipo de interese mínimo, por debaixo do medio punto, “en condicións o máis favorables posible para as arcas municipais”, engade.

En total, dende o Concello de Silleda véñense abonando 60.000 euros ao ano con esta operación de tesourería.

Acordo de 2008 que non se cumpliu

A día de hoxe quedan aínda por pagar da operación de tesuorería algo máis de 300.000 euros da débeda principal. En agosto de 2008, un ano despois da chegada dos socialistas ao goberno municipal de Silleda logrouse asinar un acordo coa empresa, -que entonces era o principal acreedor do Concello-, para ir abonando a débeda. Daquela a débeda total con Indeza, un dos lastres que arrastraba o Concello de Silleda dende os anos 90, -recoñecida por sentencias xudiciais- superaba os 850.000 euros.

 “Grazas a ese acordo que asinamos no ano 2008, conseguimos negociar coa empresa e a débeda quedou en 790.000 euros”, recorda Cuiña explicando tamén que en dito acordo se incluía a compensación de taxas polo vertedoiro de escombros de Campomarzo.

O goberno socialista acudiu entón a unha operación co Banco de Crédito Local para abonar o primeiro prazo acordado, por importe de 454.091 euros, que correspondía ás obras da avenida do Parque de Silleda, que estaban sen pagar.

“Pero lamentablemente, os gobernantes que entraron neste Concello coa moción de censura esquecéronse dese acordo e nin pagaron as cuotas acordadas nin reclamaron as taxas do vertedoiro, co que o esforzo que fixemos no seu día quedou en nada”, explica o rexedor.

“Esa gravísima irresponsabilidade desembocou nunha nova demanda xudicial, pola que agora o Concello terá que facer fronte a outros 560.000 euros correspondentes a intereses de demora”, engade o alcalde.

A empresa acudiu de novo aos tribunais ante o incumplimento do acordo, “nun novo caso no que ao igual que outros que vivimos neste Concello os intereses superan incluso as débedas principais por culpa da deixadez e a irresponsabilidade manifesta dalgúns gobernantes”, engade.

Cuiña afirma que “é triste ter que estar remontándose aos tempos da moción de censura” pero advirte “que os veciños e veciñas de Silleda aínda temos que estar pagando a día de hoxe as neglixencias que se cometeron, coma o abono desta débeda que a día de hoxe debía de estar xa liquidada”, engade.

300.000 euros pendentes

Por medio da operación de tesourería que se renovou hoxe financiaranse os algo máis de 300.000 euros pendentes da débeda principal. Cuiña explica que nos primeiros anos “só se puido facer fronte ao pago de intereses porque non había liquidez suficiente”. Agora, con esta operación  a débeda que quedou pendente do 2008 irase executando con eses abonos de 5.000 euros mensuais “e un tipo de interese vantaxoso”.

Aínda así, lamenta que a nova sentenza “volve supoñer un grave retroceso no caso Indeza, o único que nos queda por pechar da triste herdanza de fallos xudiciais por impago que fomos resolvendo nos últimos anos”, engade.