O Concello coloca avisos sobre as actuacións nos repetidores da TDT

Silleda, 22 de xaneiro de 2015. O Concello de Silleda colocará avisos informativos nas parroquias onde se recibe o sinal de TDT de Outeiro-Cameixa (en Parada)  e Pedrouzo (Graba). Estes avisos chegan logo de que a Xunta informara de que xa se realizaron as actuacións nos dous repetidores para cumprir co proceso de liberación do Dividendo Dixital. Así, xa se apagaron nos dous centros as antigas frecuencias de emisión e se acenderon as novas frecuencias asignadas aos distintos canais.

Os usuarios deben de resintonizar o seus receptores e realizar unha busca das novas canles.

Os avisos colocaránse nos lugares e parroquias do municipio que segundo os cálculos de cobertura da Xunta teñen aos respectivos centros como mellor servidor. No caso do repetidor de Pedrouzo, as entidades que se beneficiarán do cambio son Fiestras, e os lugares de O Outeiro, O Souto e Santa Mariña (en Graba).

O repetidor de Parada figura como mellor servidor para a parroquia de Laro (A Pereira, Laro, Riobó, San Martiño e Freixeiro); para o lugar de Marza (Oleiros); Parada e Refoxos.