O Concello de Silleda abre a reserva de mascarillas reutilizables para a veciñanza

 

-As persoas que as precisen poden chamar dende mañá por teléfono ao 986 180236 e 986  180 194. O reparto realizaráse despois a domicilio por parte de personal municipal e voluntario

Silleda, 27 de abril de 2020.  O Concello de Silleda abre dende mañá un rexistro para solicitar mascarillas reutilizables, con filtro, que se repartirán entre a poboación. Trátase de mascarillas lavables, fabricadas en tela de poliéster e con filtros antibacterianos que contan con certificado da UE. Hai tallas para adultos e para menores.

As persoas que as precisen poden chamar, en horario de 09:00 a 13:00 horas, aos números de teléfono 986 180236 e 986 180194. O reparto, que comezará nos vindeiros días con personal municipal e tamén con persoas voluntarias, realizarase así con esta reserva de xeito ordenado.

Estas mascarillas, que son lavables e reutilizables, permitirán aos usuarios mercar despois os filtros para realizar novos usos. Cada unha entregarase cun filtro, así como cas instruccións para un uso axeitado. Na súa confección participan tamén veciñas do municipio, co que se axudará ademais a reactivar en certo modo a economía local.

Hai dúas semanas o Concello de Silleda entregou tamén centos de pantallas de protección facial subminstradas de xeito gratuito pola firma Arlit.

Dende o goberno municipal, o alcalde, Manuel Cuiña, indica que se adquirion 5.000 unidades, e que se dará preferencia a poboación de risco coma os veciños maiores.  En caso de non alcanzar, dispoñerase doutros modelos de mascarillas.