O Concello de Silleda abre este xoves o prazo para o campamento de verán

-As solicitudes poden presentarse por Rexistro ou por Sede Electrónica dende este xoves día 22 e ata o 14 de maio .  O servizo prestarase entre o 23 de xuño e a víspera do inicio do novo curso en setembro.

 Silleda,  19 de abril de 2021.   A Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, abre este xoves día 22 o prazo de inscrición para o campamento de verán,  que se celebrará nas instalacións do CEIP Plurilíngüe de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, entre o 23 de xuño e a véspera do inicio do próximo curso, en setembro.

As inscricións deben de realizarse no Rexistro Xeral do Concello (de 09:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica, dende o xoves 22 e ata o 14 de maio, como data límite.

Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no Concello de Silleda. A selección realizarase de acordo do regulamento do servizo, no que se prima, entre outros, as necesidades de conciliación das familias.

O horario do servizo será -de luns a venres- 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Xunto ca folla de inscrición deberá de achegarse unha serie de documentación que estará dispoñible na web municipal (www.silleda.gal) así como o protocolo coas medidas preventivas pola COVID-19. A continuación presentase os anexos e documentos a presentar:

INSCRICIÓN CAMPAMENTO DE VERÁN 2021

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A INSCRICIÓN NO CAMPAMENTO

anexo II declaración xurada

AUTORIZACIÓN DE DOMICILIACIÓN DE RECIBOS

Medidas hixiénicosanitarias