O Concello de Silleda abre o prazo para participar como paxes de Papá Noel e dos Reis Magos

Silleda, 18 de decembro de 2023. O Concello de Silleda abre mañá martes o prazo de participación para que a rapazada que o desexe participe nas cabalgatas de Papá Noel e dos Reis Magos.

No caso do desfile de Papá Noel, que terá lugar o vindeiro luns día 25 na Bandeira, hai que anotarse no Centro Cultural Vista Alegre (986 585550). O prazo está aberto ata este venres 22 e as prazas son limitadas.

Para partipar na Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro polas rúas de Silleda, o prazo estará aberto ata o vindeiro día 28, para nenos e nenas de 6 a 10 anos. O número de prazas é tamén limitado e no caso de superarse, realizarase un sorteo  público.

Ademais de por Rexistro de entrada, tamén se poderán presentar solicitudes por Sede Electrónica. A continuación figura o documento de inscrición e normas de participación.