O Concello de Silleda acometerá actuacións de conservación en pistas de Saídres e Toxa

Silleda,  27 de xaneiro de 2020.  O Concello de Silleda a través do departamento municipal de Vías e Obras, que dirixe Antonio Ferro Losada, acometerá nas vindeiras semanas un proxecto de mellora viaria en dous puntos do municipio.

Trátase de actuacións que se acometen con cargo á baixa no Plan Concellos 2018-2019, cunha inversión autorizada pola Deputación de Pontevedra o pasado mes de outubro.

Con cargo a esta partida acometerase a mellora de dous viais no lugar de Toxa, en Silleda e outra en Pedra Laxe, na parroquia de Saídres, onde se actuará sobre a cuneta.

A Xunta de Goberno Local adxudicou na súa última sesión estas actuacións logo de pedir orzamento a cinco empresas, das que solo tres presentaron propostas.

A actuación foi adxudicada a Construcciones Míguez Xestoso, por importe de 16.676,68 euros, sendo esta a oferta máis vantaxosa.

Con esta actuación dende o Concello de Silleda continúanse mellorando os accesos no rural do municipio.

“Estas obras virán a complementar outras melloras viarias que estamos a realizar dende o departamento municipal de Obras”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.