O Concello de Silleda acondiciona a pista de O Agro, na parroquia de Taboada

Silleda, 4 de outubro de 2016.  O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos que dirixe Klaus Brey, está a acometer as obras de mellora no vial do lugar de O Agro, na parroquia de Taboada. Trátase dunha actuación moi demandada polos veciños desta localidade, ao tratarse dun vial moi transitado.

Este tramo, que vai dende O Agro ata a panadería de Taboada estaba dotado de zahorra e coa actuación que se está levando a cabo mellorarase o firme aplicando triple rego.

“Esta actuación enmárcase nos traballo de mellora de accesos no noso rural que seguimos acometendo”, explica o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, que hoxe visitou as obras en Taboada.