O Concello de Silleda asiste á presentación dun protocolo laboral contra a violencia de xénero

Silleda, 31 de maio de 2016.  A concelleira de Benestar e Igualdade de Silleda, Pili Peón, xunto coa asistente social do concello, acudiron na mañá de hoxe a Vigo, á presentación do protocolo para a detección e o tratamento na empresa de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fora dos lugares de traballo.

O Concello de Silleda adherirase a este protocolo de actuación pioneiro en toda Europa, enmarcado nas accións de responsabilidade social corporativa, que foi incentivado pola Deputación de Pontevedra e que permitirá que o concello conte con ferramentas claras de atención a problemas de violencia de xénero no traballo.

Este protocolo permite que en menos de corenta e oito horas a empresa ou os mandos responsables da traballadora afectada informen da situación ademais de participarlle exhaustivamente dos seus dereitos, asesorala en materia legal e sobre os recursos que pode ter ao seu alcance no caso de ser vítima de violencia machista.

De esta maneira conséguese un avance en establecer un marco de protección adecuado para as mulleres vítimas de violencia de xénero facilitándolle adecuados protocolos de atención.

O obxectivo desta proposta é o de conseguir manter unha rede de protección en torno á muller, para o que é necesario levar a loita contra a violencia de xénero a todos os ámbitos, a familia, os amigos, o fogar, pero tamén o traballo.