O Concello de Silleda busca organizadores para as próximas festas do verán

Silleda, 7 de maio de 2016.  Tras varias reunións mantidas nas últimas semanas con membros da comisión das festas de verán do ano pasado, e ao non chegar finalmente a ningún acordo para a súa continuidade este ano, o Concello de Silleda fai un chamamento a todo aquel colectivo, asociación, ou grupo de veciños que estea disposto a colaborar na organización dos festexos do presente ano.

Así pois, entendendo dende a entidade que a organización das festas debería estar promovida polo pobo, xa que a labor do concello é a de colaborar, pero non organizar, e visto o pouco tempo que falta para a celebración dos vindeiros festexos, convidase a calquera colectivo que se queira presentar como comisión de festas o faga saber nas dependencias do concello.