O Concello de Silleda colocou colectores solares de auga quente sanitaria nos campos de fútbol de Laro e Lamela

 

Silleda, 30  de outubro de 2017.  O Concello de Silleda continúa apostando polas enerxías renovables. Así nas últimas semanas proceduse  á colocación de colectores solares para quentamento de Auga Quente Sanitaria (AQS) nos campos de fútbol de Mularedos (Lamela) e Agronovo (Laro).

Este proxecto, cunha inversión de máis de 9.000 euros en cada un dos campos, conta coa subvención da Unión Europea, segundo resolución de concesión de subvención de data 31 de xullo de 2017,  publicada no DOG de 9 de agosto de 2017.

O contrato ascende á contía de 16.100,66  euros, ao que hai que añadir 3.381,14 € de IVE (50% cada actuación)

 “Con estas actuacións, ademais de seguir apostando polas enerxías limpas melloraremos notablemente estas dúas instalacións deportivas”, indica o alcalde Manuel Cuiña.

Nos últimos anos o Concello de Silleda dotou de caldeiras de biomasa distintos edificios públicos, así como placas fotovoltáicas en puntos coma o Parque Empresarial Área 33. Así mesmo, o Concello de Silleda concorreu á liña de subvencións para crear unha rede de calor na zona deportiva de Silleda, cun ambicioso proxecto de enerxía térmica con equipos de xeración de biomasa. Tratarías de crear un rede de calor "District Heating" no entorno da zona deportiva da vila de Silleda, coa que subministrar calefacción e auga quente sanitaria a varios edificios.