O Concello de Silleda comeza a deseñar o programa de Nadal

Silleda, 24 de outubro de 2014. O Concello de Silleda comezou xa a traballar no deseño da programación de Nadal 2014-2015. Así,  hoxe celebrouse na Casa da Cultura a primeira reunión á que acudiron os membros do goberno local e técnicos municipais de distintos departamentos, co fin de iniciar os preparativos para o calendario de actividades.

O programa, para o que se celebrarán novos encontros, entre eles con distintos colectivos e asociacións,  contará con actividades xa clásicas, coma a Cabalgata de Reis, concertos e obradoiros para os máis pequenos, pero tamén con outras novidades que se irán perfilando nas vindeiras semanas. “A programación de Nadal require moita coordinación e traballo, xa que é unha das épocas do ano con máis actividad lúdica e cultural no municipio, con unha oferta moi variada, para todas as idades, e na que se implican todos os departamentos do Concello”, explica o alcalde e concelleiro de Cultura, Manuel Cuiña.  Nos vindeiros días fixaranse tamén as reunións cos colectivos para preparar distintas actividades e explicarlles outros detalles da programación.