O Concello de Silleda comeza a deseñar o programa de Nadal

Silleda, 3 de novembro de 2016. O Concello de Silleda comezou xa a traballar no deseño da programación de Nadal 2016-2017. Así,  hoxe celebrouse na Casa da Cultura a reunión á que acudiron membros do goberno local e técnicos municipais de distintos departamentos, co fin de iniciar os preparativos para o calendario de actividades.

O programa contará con actividades xa clásicas, coma a Cabalgata de Reis, concertos e obradoiros para os máis pequenos, pero tamén con outras novidades que se irán perfilando nas vindeiras semanas.

 “A programación de Nadal require moita coordinación e traballo, xa que é unha das épocas do ano con máis actividad lúdica e cultural no municipio, con unha oferta moi variada, para todas as idades, e na que se implican todos os departamentos do Concello”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Fondos para Silleda Solidaria

O que xa está definido é que algunhas das actuacións terán carácter solidario e os alimentos e cartos que se recollan se destinarán íntegramente ao programa municipal Silleda Solidaria.