O Concello de Silleda concede 14 axudas a deportistas federados/as

– En Xunta de Goberno Local aprobouse a resolución das 14 subvencións a deportistas federados/as para o apoio en competicións oficiais a nivel galego e nacional

Silleda, 15 de novembro de 2023. O Concello de Silleda acaba de conceder 14 Subvencións a Deportistas Individuais Federados/as para a tempada 2023/2024. O número total de solicitudes presentadas foi de 14 e despois de que 11 delas tiveran que adxuntar máis documentación, a comisión de valoración deu por subsanadas todas as solicitudes.

Cunha dotación económica de 3.000 euros, as axudas van dos 144,4 euros ata os 358 euros e servirán para apoiar deportistas federados/as que compiten en diferentes disciplinas (natación, atletismo, ximnasia deportiva, loita, kung-fu, automovilismo-rally, esgrima ou pesca deportiva). As subvencións teñen que xustificarse antes do 31 de decembro.

A listaxe de persoas beneficiarias coa cantidade adxudicada a cada deportista pódese consultar no documento adxunto a continuación: