- Instálanse novas unidades en Rellas, Oleiros e Graba e renóvanse as existentes en Laro, Cortegada, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Xestoso e Chapa
Silleda, 17 de abril de 2026. O Concello de Silleda continúa avanzando no plan de mellora e reforzo da recollida selectiva de vidro coa extensión desta actuación a distintas parroquias do rural, despois da renovación e instalación de novas unidades realizada o pasado mes de febreiro nos núcleos urbanos de Silleda e da Bandeira.
Nesta nova fase, o servizo amplíase con novos colectores en Rellas, Oleiros e Graba, que se suman aos xa existentes na maioría das localidades do municipio, co obxectivo de seguir mellorando a cobertura do servizo e facilitar á veciñanza a correcta separación deste residuo.
Ademais, dentro desta mesma actuación, procedeuse tamén á renovación de unidades xa existentes en distintos puntos das parroquias de Laro, Cortegada, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Xestoso e Chapa, substituíndo colectores que presentaban un maior deterioro e mellorando así as condicións do equipamento destinado á recollida de vidro.
Dende o Concello sinálase que esta actuación dá continuidade ao traballo iniciado hai uns meses nos dous principais núcleos urbanos do municipio e responde ao obxectivo de seguir mellorando progresivamente a rede de recollida selectiva tamén no rural, achegando este servizo á veciñanza e renovando os puntos que o precisaban.
O concelleiro de Transición Ecolóxica, Manuel Requeijo, destaca que “seguimos dando pasos para mellorar o servizo de recollida de vidro en todo o municipio, non só nos cascos urbanos senón tamén nas parroquias, onde era importante reforzar e renovar varios puntos”. Engade ademais que “facilitar á veciñanza medios axeitados para reciclar é fundamental para avanzar na separación de residuos e seguir mellorando entre todos a xestión ambiental”.
Dende o Concello de Silleda lémbrase que a reciclaxe do vidro é unha ferramenta clave para reducir residuos, aforrar materias primas e enerxía e avanzar cara a un modelo máis sostible. Neste sentido, anímase á cidadanía a facer uso destes colectores e a colaborar no bo mantemento dos espazos de recollida.
Con esta nova actuación, o Concello continúa reforzando a súa aposta pola mellora dos servizos ambientais e pola extensión da recollida selectiva a todo o territorio municipal.
Roupa e aceite
Por outra banda, dende o Concello de Silleda estase a traballar tamén na ampliación da recollida de roupa usada e aceite a novos puntos do rural. A día de hoxe, ademais dos cascos urbanos xa dispoñen deste servizo en dez parroquias, nas localidades de Escuadro, Cira, Lamela, Laro, Cortegada, Saídres, Moalde, Parada, Manduas, Martixe e Graba.