O Concello de Silleda crea áreas medioambientais nos centros educativos

Silleda, 31 de xaneiro de 2020. O Concello de Silleda, a través dos departamentos de Medio Ambiente, que dirixe Klaus Brey, e de Educación, con Ángela Troitiño ao frente, creará nos vindeiros días áreas medioambientais nas instalacións dos centros educativos do municipio.

Así, e para dar resposta á demanda da comunidade educativa, a empresa Urbaser,  concesionaria para a recollida do  lixo  no término municipal, creará a vindeira  semana un total de oito áreas medioambientais  nos distintos  recintos  dos centros educativos  do Concello.

Por parte de Urbaser  faranse  dúas áreas en cada lugar de recreo,  que levarán  tres contedores cada unha: de cor amarelo para plástico, latas e envases,  azul para a recollida de papel e cartón e un verde para a fracción do resto. Os contedores terán unha capacidade de  de 120 litros , en  soporte  de  rodas.

“Con esta iniciativa, que agradecemos á empresa concesionaria, facilitaranse as labores de reciclaxe que se veñen facendo nos centros educativos”, sinala a concelleira de Educación, Ángela Troitiño.

Esta iniciativa enmarcase tamén na campaña municipal “Unha nova vida para o lixo”.  Pola súa banda, os centros educativos comprométense a   empregar un manual da recollida do lixo para instruir aos  nenos e nenas por parte dos mestres, a usar bolsas adecuadas para a súa recollida, e a botar os restos nos contedores que  hai situados nas rúas para  o posterior traslado ao camión  por parte da empresa concesionaria.

Así mesmo e seguindo na mesma liña  formativa e  informativa, xa quedou pechada unha charla didáctica para impartir por Francisco Pérez, especialista de medio ambiente de Urbaser o próximo 6 de marzo no CEIP de Silleda, para o alumnado de Infantil. En total serán 125 nenos comprendidos entre os 3 e os 6 anos.

Posteriormente ese mesmo día, venres 6 de marzo, ás cinco da tarde e no Centro Cultural Vista Alegre  da Bandeira,  terá lugar outra charla sobre a reciclaxe do lixo,  aberta para os veciños interesados  que queiran asistir.