O Concello de Silleda crea unha bolsa de emprego para auxiliares do SAF

-As solicitudes poden presentarse no Rexistro ao longo da vindeira semana. As bases poden consultarse xa na web municipal e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica
Silleda, 10 de marzo de 2023. O Concello de Silleda constituirá unha nova bolsa de traballo para persoas que traballen como auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) .
As bases para dita constitución de dita bolsa foron aprobadas na última sesión da Xunta de Goberno Local, e dende hoxe poden consultarse –xunto cos requisitos e procedemento a seguir- tanto no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica como na web municipal www.silleda.gal.
O plazo para presentar solicitudes é de 5 días hábiles e extendarese dende o vindeiro luns día 13 ata o venres día 17 . O obxecto desta bolsa de traballo é poder cubrir vacantes, baixas, vacacións, aumento de persoas usuarias ou calquera outra necesidade urxente que poida xurdir neste servizo municipal. A continuación figuran a bases do procedemento: