O Concello de Silleda crea unha bolsa de emprego para auxiliares do SAF

-As persoas interesadas poden presentar a partir de mañá xoves a súa solicitude no Rexistro. As bases poden consultarse nesta entrada da web municipal e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica

Silleda, 13 de xullo de 2022. O Concello de constituirá unha bolsa de traballo para auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). As bases para dita constitución foron aprobadas na última sesión da Xunta de Goberno Local, e dende hoxe poden consultarse –xunto cos requisitos e procedemento a seguir- tanto no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica como na web municipal.
O plazo para presentar solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir de mañá xoves día 14. O obxecto desta bolsa de traballo é poder cubrir vacantes, baixas, vacacións, aumento de persoas usuarias ou calquera outra necesidade urxente que poida xurdir neste servizo municipal. As bases poden consultarse a continuación: