O Concello de Silleda destinou máis de 23.000 euros ás axudas de promoción ao emprego

Silleda, 6 de marzo de 2018.  O Concello de Silleda destinou un total de 23.702 euros ao chamaado Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego, unha medida que se puso en marcha en 2015, ao inicio da lexislatura, para axudar ás persoas en situación de desemprego para a posta en marcha de iniciativas de  emprendemento.

En total outorgáronse xa 16 axudas. Dende o goberno municipal a concelleira de Emprego, Ana Luisa González amosa “a satisfacción do Concello con esta decisión xa que as solicitudes foron aumentando de forma progresiva, sendo o ano 2017 o que máis axudas rexistrou, cun total de 8”, engade.

Das 16 iniciativas empresariais que se crearon e que recibiron axudas por parte do Concello, tan só se ten coñecemento dun establecemento que pechou as súas portas logo do primeiro ano de actividade.

“Somos conscientes de que estas axudas por sí soas non provocan as inicaitivas emprendedoras pero sí axudan aos nosos veciños e veciñas á súa posta en marcha”, engade a concelleira.

O Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego continuará en 2018 cunha cantidade similiar a do pasado exercicio (15.000 euros) que xa se contempla nos orzamentos municipais que se someterán a aprobación inicial no pleno extraordinario do vindeiro venres día 9.

As bases que regulan a concesión destas axudas para este ano aprobaránse no vindeiro pleno ordinario (que se prevé celebrar a principios de abril), cos mesmos criterios que os do último ano.

A subvención máxima outorgable é de 3.300 euros. As axudas outorgadas poden consultarse na páxina web municipal (www.silleda.gal) ao igual que as bases. Ademais tamén se poden descargar os anexos para realizar as solicitudes. “Este plan forma parte das medidas postas en marcha dende o goberno municipal para contribuir ao fomento do emprego no noso municipio e a día de hoxe estamos moi satisfeitos cos resultados acadados”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.