O Concello de Silleda e Aupa Deza organizan dúas charlas sobre o autismo

-O Concello de Silleda e Aupa Deza organizan dúas charlas entorno ao autismo os días 23 e 30 de setembro no Centro Social dos Maiores en Silleda. Ambas actividades son de balde, pero é preciso previa inscrición chamando ao 986592037.

Silleda, 7 de setembro de 2023-. Os sábados 23 e 30 de setembro, no Centro Social dos Maiores en Silleda, terán lugar dúas conferencias sobre o autismo, organizadas pola asociación local Aupa Deza e o Concello de Silleda.

‘Oriéntate no autismo: Como afrontar o diagnóstico TEA dende a relación familia-escola’ é a primeira, o sábado 23 ás 11:00 horas, impartida por Érica Ordóñez Pardo, mestra, orientadora e psicopedagoga.

A segunda, de 4 horas de formación, é ‘Comunicación aumentativa e alternativa no día a día’, o sábado 30 de setembro ás 10:00 horas. Alba Pérez Fernández, mestra de unidade específica, coordinadora do Grupo Adapta e xestora de proxectos en Fundación Pictoaplicaciones, será a encargada de impartila.

Ambas charlas están destinadas tanto a familias coma a profesionais do ámbito educativo e abertas a toda persoa interesada. As dúas actividades son gratuítas pero para asistir hai que inscribirse chamando ao teléfono 986592037.