O Concello de Silleda inicia nos vindeiros días os trámites para a dotación de alumeado no campo de fútbol de Laro

-As obras acometeránse con fondos municipais e ca cantidade correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental. Tamén se están levando a cabo obras no campo de Lamela para a instalación de novos banquillos en Mularedos

Silleda, 1 de xuño de 2021. O Concello de Silleda iniciará nos vindeiros días os trámtes para a contratación das obras de mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol de Agronovo, na parroquia de Laro, que se dotará de nova iluminación.
Esta actuación acometerase con cargo á liña de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental –na modalidade non competitiva- pola que se vén de confirmar a aportación de 28.000 euros. Esta asignación complementarase con outros 20.000 euros de aportación municipal, xa que o proxecto ten un custe total de 48.000 euros, IVE incluido. A aportación do Fondo de Compensación foi confirmada a finais da pasada semana.
Esta instalación deportiva foi remodelada no ano 2013 ca dotación de herba natural no terreo de xogo, entre outras melloras. Agora a través do Fondo de Compesación Ambiental que ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do medio, e reequilibrio territorial, compensando a Silleda por contar con instalacións eólicas, ampliaránse as melloras cun novo sistema de alumeado.
No caso deste recinto deportivo, o sistema actual, con moitos anos de antigüidade, conta cun grao lumínico deficiente que afecta ao correcto desenvolvemento de adestramentos e competición, ademais de presentar tamén numerosas deficiencias que afectan ao traballo do clube local e á seguridade das persoas usuarias. O campo ten na actualidade 6 torres de iluminación, que co proxecto de mellora se ampliarán a dúas torretas máis, utilizando luminarias LED e postes novos que substitúan aos actuáis, moi deterioradas.
Esta actuación completará a colocación de colectores solares para mellorar o sistema de auga quente, instalada neste campo e tamén no de Mularedos, en Lamela.
Precisamente en Lamela, a través dos fondos de compensación ambiental se renovou o alumeado do campo en 2019. O ano pasado, con estos fondos se renovaron por completo os vestiarios e aseos da piscina municipal de Silleda e do campo de Outeiriño.
Banquillos en Mularedos, Lamela
Así mesmo, e tamén no ámbito da mellora de instalacións deportivas están a acometerse no campo de fútbol de Mularedos, na parroquia de Lamela, as obras necesarias para a dotación de dous novos banquillos, en aceiro.
Os existentes, que foron construidos na década dos anos 70, acusaban un grandísimo deterioro e non cumprían cas medidas nin cos parámetros de seguridade.
Os novos banquillos estarán colocados nas vindeiras semanas.