O Concello de Silleda inicia unha campaña de concienciación polos excrementos dos cans nas rúas

-Estanse a colocar carteis informativos nas rúas de Silleda e da Bandeira para informar aos propietarios dos animais. A non recollida dos excrementos pode acarrear sancións económicas

 Silleda, 7 de agosto de 2020.  O Concello de Silleda vén de iniciar unha campaña de concienciación ante a presencia excrementos dos cans nas rúas e espazos públicos. Baixo o lema “Por unha Silleda limpa. Nas nosas rúas os cans non deixan pegada” colocaránse nos vindeiros días carteis informativos nas rúas das vilas de Silleda e da Bandeira.

Nos mesmos carteis recordase tamén que na Ordenanza de Convivencia e Limpeza de Residuos a non recollida destes excrementos está estipulada como infracción coas correspondentes sancións económicas. A multa por non recoller os excrementos pode alcalzar os 300 euros.

A concelleira de Urbanismo, Pili Peón, encargouse de coordinar esta campaña ca que dende o Concello de Silleda se busca concienciar ás persoas propietarias destes animais domésticos da necesidade de ter unha actitude cívica. “Temos detectados que hai certas zonas e rúas nas que prolifera a presenza de excrementos de cans, cas máis que razoables queixas da veciñanza”, indica a concelleira.

Dende o goberno municipal apélase ao civismo dos propietarios de cans para manter as rúas limpas. “Con esta campaña esperamos que a veciñanza se conciencie e que se reduzan estas actitudes incívicas”, engade.

Os paneis, de madeira, colocaránse nos vindeiros días en parques, rúas e  outros espazos públicos das dúas vilas.

“Con este tipo de accións tentamos dar resposta ás solicitudes dos veciños e veciñas que demandan maior limpeza nos espazos públicos frecuentados por mascotas, por iso, é importante a colaboración de todos e todas. Repartiranse  carteis polas zonas de máis afluencia, e xa se instalaron os primeiros, polo que en pouco tempo todo o municipio contará con este soporte que supoñerá un apoio importante para conseguir mellorar a limpeza dos nosos espazos públicos”, engade Pili Peón.