O Concello de Silleda instalará un punto deportivo xuvenir no parque das Pedrosas

Silleda, 15 de abril de 2014. O Concello de Silleda, a través dos departamentos municipais  de Deportes e Mocidade, que dirixe Klaus Brey, iniciará nas vindeiras semanas os traballos de dotación dun punto deportivo xuvenil no parque municipal das Pedrosas.

O proxecto ten un custe de 11.000 euros e conta cunha subvención do 40% dos fondos Leader, tramitada a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras do Deza de 4.000 euros. A cantidade restante será aportada por fondos municipais.

Trátase dun circuito para a práctica de actividades físicas ao aire libre, que inclúe diversos elementos e mobiliario acordes co entorno natural no que se instalará. Así, o proxecto contempla a dotación de elementos en madeira, respetando o entorno das Pedrosas.

O circuito ximnástico parte dunha zona de descanso con innovadores elementos e conta con elementos diversos para practicar distintas actividades e exercicio físico. Tirolina, escalada, bancos para abdominais, ou rocódromo con corda son algunhas das propostas para instalar no parque silledense.

“Con esta novidosa e orixinal instalación queremos mellorar a oferta de ocio e deportiva para a mocidade silledense nunha zona moi frecuentada por mozos e mozas”, apunta o concelleiro Klaus Brey. Agárdase que a instalación poida comenzar a realizarse nas vindeiras semanas, “para que esté lista de cara á tempada estival”, engade o concelleiro.