O Concello de Silleda inviste máis de 100.000 euros na reforma de vestiarios e aseos do Campo de Fútbol de Outeiriño e o Pavillón César González Fares

-Parte desa cantidade procede dunha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal.

Silleda, 1 de agosto de 2023-. O Concello de Silleda investirá un total de 104.464,75 euros para mellorar dúas das súas instalacións deportivas máis utilizadas pola veciñanza: os vestiarios e aseos do campo de fútbol municipal Outeiriño-Joselu Mato e o pavillón municipal de Deportes César G. Fares.

Esta actuación realízase en colaboración ca Xunta de Galicia, que aportará unha axuda de 50.000 euros, ao abeiro das subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal.

Dita achega realizarase en dúas anualidades: 29.410 euros para o 2023 e 20.590 euros para o 2024, o restante será achegado polo Concello de Silleda.

Estes fondos públicos están destinados á reforma do Campo de Fútbol de Outeiriño –Joselu Mato e o Pavillón deportivo César González Fares, polo que se se renovarán por completo os vestiarios e baños, colocando duchas novas, sanitarios e facendo unha redistribución dos espazos, tamén con mellores illamentos.

Esta actuación complementa o acondicionamento que o Concello de Silleda leva facendo nos últimos anos no complexo deportivo formado pola Piscina municipal de Silleda, o Campo de Fútbol de Outeiriño e o Pavillón Municipal César González Fares. O ano pasado cambiouse o alumado do campo de fútbol, onde tamén se colocaron redes novas e se pintaron os muros

exteriores. No 2021, renováronse os vestiarios compartidos entre o campo de fútbol e a piscina, ao igual que no pavillón se apostou polas luces led e se cambiaron as cubertas laterais.

As dúas instalacións están conectadas ademais á Rede de Calor con Biomasa, que suministra nos dous casos auga quente sanitaria, conquerindo un maior aforro de custes.