O Concello de Silleda lembra a obriga de manter as parcelas e solares libres de maleza

-Nos últimos días xa se iniciaron varios expedientes nos que se informa de posibles sancións no caso de non acometer os traballos indicados

Silleda, 10 de abril de 2024. O goberno municipal de Silleda lembra aos veciños e veciñas as obrigas de manter limpas as fincas e solares. Como vén sendo habitual nos últimos continúanse a remitir requerimentos aos propietarios/as dos terreos que non cumplen coa ordenanza de limpeza e vallado de solares ou coa Lei de Prevención e Defensa de Incendios (Lei 3/2007).

Nas últimas semanas xa se iniciaron varios expedientes requerindo a varios propietarios que procedan á limpeza e desbroce de terreos, por non cumprir co estipulado na normativa.

Nestes avisos advírteselles ás persoas propietarias, que deben de acometer os traballos  limpeza e desbroce da maleza das súas propiedades, para conservar as condicións de seguridade, salubridade, ornato público e calidade ambiental, que establecen as normativas.

Convenio con Seaga e bandos informativos

Por outra banda, lémbrase tamén que a partir deste ano o Concello vén de sumarse ao convenio co Servicio Agrario Galego (Seaga) para a limpeza das faixas situadas en zona de protección dos núcleos rurais.

No caso de que as persoas propietarias non asuman a limpeza das súas parcelas de forma voluntaria, o Seaga fará os traballos e as persoas propietarias asumirán os custes de forma subsidiaria.

Do mesmo xeito, xa se colocaron bandos informando en todas as localidades do municipio.