O Concello de Silleda licita obras de mellora en viais da parroquia de Oleiros

Silleda, 24 de febreiro de 2018.  O Concello de Silleda continúa apostando pola mellora da rede viaria rural do municipio. Unha das actuacións previstas para os próximos meses terá lugar na parroquia de Oleiros, en concreto no vial que discorre dende a PO-201 ata o lugar de Regalade, incluindo tamén o ramal que da acceso ao lugar de Cortegadela.

O proxecto suporá a mellora da capa de rodadura dos dous tramos, cunha inversión total de 101.585 euros. Esta actuación enmárcase tamén no Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-2018 da Consellería de Medio Rural, que financia o 80% da actuación con 83.091 euros, aportándose a cantidade restante de fondos municipais.

A xunta de goberno local acordou nunha das súas últimas sesións iniciar o proceso de licitación das obras, por procedemento negociado. Está previsto que os traballos se adxudiquen nos vindeiros días.  As obras terán unha duración dun mes.

A actuación consistirá na dotación de aglomerado en quente nos dous tramos, que suman casi 2,4 kilómetros de lonxitude (2.120 metros entre Oleiros e Regalade e outros 265 metros no ramal de Cortegadela).

“Trátase dun vial moi utilizado tanto por residentes como por vehículos agrícolas que se atopa moi deteriorado e que agora se mellorará con esta actuación”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.