O Concello de Silleda licitará nos vindeiros días a mellora de 7 viais cun investimento de 250.000 euros

-A proposta, a través dos fondos do Plan Concellos, vén de recibir o visto bo da Deputación de Pontevedra. Actuarase en dous tramos do Camiño do Foxo, en Cimadevila (Escuadro); O Marco (Siador); en Maril (Fiestras); O Ribeirao (Negreiros); Vilaverde-Medelo e na Moa, en Manduas

-Rematadas as obras de resposición do vial en Carballeda, en Taboada, logo de rexistrarse un desprendemento na zona

Silleda,  10 de agosto de 2020-.  O Concello de Silleda acometerá nos vindeiros meses novas actuacións para a mellora integral de varios viais. A Deputación de Pontevedra vén de dar o visto bo a este investimento, coa que se actuará nun total de 7 pistas a través da liña de investimentos do Plan Concellos 2020.

Cun investimento de 250.000 euros, o proxecto inclue a dotación de aglomerado en Camiño do Foxo (un vial cercano á vila de  Silleda); no lugar de Cimadevila, na parroquia de Escuadro; en O Marco, na parroquia de Siador, e a pista de Maril, en Fiestras. Tamén se inclue outro vial en O Ribeirao (Negreiros) e outras dúas en Manduas, no tramo de Vilaverde-Medelo e en A Moa.

Tratase de viais que polo seu deterioro xa non admiten posibilidades de bacheo e que precisan un arranxo máis en profundidade, a maioría delas con aglomerado.

“Estas actuacións xunto con outras que se levarán a cabo de xeito máis inmediato virán a seguir mellorando as comunicación no rural”, indica o concelleiro de obras, Antonio Ferro Losada.

Reposición en Carballeda, Taboada

Por outra banda, o Concello de Silleda vén de rematar as obras resposición do vial e do muro de contención anexo no lugar de Carballeda, na parroquia de Taboada. Nunha das pistas desta localidade rexistrouse un forte socavón que provocou o desprendemento do muro de contención hai uns meses. Os traballos, cos preceptivos informes de Patrimonio e Estruturas Agrarias, remataron nos últimos días.