O Concello de Silleda oferta o servizo de conciliación nos centros educativos públicos a primeira hora da mañá

-O programa “Madruga no cole” levarase a cabo no caso de xuntar un mínimo de 20 inscricións nos centros de Silleda e da Bandeira, con opción de almorzar ou non no propio colexio

 Silleda, 28 de setembro de 2022.  O Concello de Silleda, a través das Concellerías de Educación e Igualdade, que dirixe Ángela Troitiño, vén de crear un novo servizo para facilitar a conciliación das familias silledenses. Este sevizo ofrece un recurso para o coidado das persoas menores antes da súa entrada polas mañás nos dous centros educativos públicos do municipio: o CEIP de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira.

En ámbolos dous centros o servizo dará comezo ás 07:50 horas, con opción de almorzar no propio colexio, ou non, podendo levar tamén cada neno/a o seu propio almorzo

Para que o servizo se poida levar a cabo requírse un mínimo de 20 inscricións por centro.

O custo dos servizos para as familias usuarias será de 30 euros por nen/a ao mes. O prezo do almorzó establecese de xeito diario, con  0,50 euros por día.

As inscricións para poder facer uso deste servizo, que viña sendo moi demandado por colectivos como a Anpa do CEIP de Silleda, deben realizarse no Rexisto Municipal (en horario de 09:00 a 14:00 hroas) ou a través da Sede Electrónica do Concello de Silleda.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 14 de outubro. As persoas que desexen recibir máis información poden contactar ca Concellaría de Educación a través do teléfono 986 592037. A continuación está dispoñible o formulari de inscrición: