O Concello de Silleda organiza un curso de monitor/a de transporte e comedor escola

-O prazo de inscrición abrese o luns día 15  e continuará ata o 25. O ciclo, impartido por Acode, é gratutito e contará con sesións teóricas e prácticas

Silleda, 12 de setembro de 2020. O Concello de Silleda, a través da Concellería de Educación, organiza un curso de monitor/a de transporte e comedor escolar que se celebrará o vindeiro mes de outubro impartido por Acode. O prazo de inscricion abrirase este luns día 14 e permanecerá aberto ata o vindeiro día 25. As inscricións deben facerse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica.
O ciclo é gratuito e está aberto a todas as persoas interesadas, con preferencia para as empadroadas no municipio de Silleda.
Impartiráse na Casa da Cultura de Silleda, todos os mércores e venres de 10:00 a 13:00 horas, dende o 16 de outubro ata o 18 de decembro. Ademais da formación teórica, este curso contará con sesións prácticas. As persoas participantes disporán ao remate dun diploma acreditativo da formación recibida.
A formación inclúe áreas temáticas que formarán ás persoas participantes en aspectos básicos para a estancia cos/as menores, abordando cuestións como a alimentación, prevención de riscos, adaptación á situación covid19, primeiros auxilios… Tamén haberá unha área específica de parte lúdica (o xogo, dinámicas de animación…etc).
Dende o Concello de Silleda agradécese a colaboración de Acode e incídese na importancia de que as persoas que exerzan como monitoras en comedores ou transporte escolar conten cunha formación axeitada, sobre todo na situación excepcional que estamos a vivir.
Búsqueda de emprego
Este curso enmárcase nun plan formativo que se está deseñando dende o Concello de Silleda para fomentar a formación de cara á incorporación á vida laboral, tendo en conta os novos escenarios que se presentan a nivel socio-sanitario coa incidencia da COVID-19-