O Concello de Silleda pon en marcha o programa “A mocidade mobilízase” con varias áreas de actuación

Silleda,  28 de marzo de 2019.  O Concello de Silleda vén de poñer en marcha o proxecto “A mocidade mobilízase” que ten como obxectivo crear un espazo para a mocidade no que se informe, debata e promova o intercambio de experiencias, entre outros.

Esta iniciativa, que parte do departamento municipal de Educación Social, nace da necesidade de outorgar aos mozos e mozas silledenses distintas actuacións, a falta de programación especícifica e para dar resposa as inquedanzas propias da poboación entre os 14 e os 30 anos.

O programa contará con 3 áreas temáticas: empoderamento da muller xoves, educación afectivo-sexual, e emprendemento xuvenil.

A primeira delas, baixo o lema “Empowering woman 2019”, ten como obxectivo xeral impulsar o empoderamento das mozas a través de actividades que fomenten o autocoñecemento e a aceptación, favorecendo a súa participación real en todos os ámbitos da sociedade, así como descubrir emocións positivas e técnicas para beneficiarse do optimismo intelexente, ou o coñecemento e práctica de meditación mindfullness e coaching, entre outros.  O ciclo formativo constará de 4 sesións na Casa da Cultura, (comenzando o venres 12 de abril, e continuando o día 26, e o 3 e 10 de maio) cun máximo de 30 participantes.

Obradoiro de defensa persoal e emocional feminina

Tamén está previsto  dentro desta área de actuación realizar un obradoiro de defensa persoal e emocional para as mozas, a celebrar na Casa da Xuventude con 5 sesións en total. As sesións físicas serán os días 11 e 15 de maio e 8 de xuño, e as emocionais o 18 de maio e 1 de xuño.

A educación afectivo sexual é outra das áreas do programa para a mocidade. Baixo o lema “Quérome” búscase achegar á mocidade información real sobre a sexualidade e temas relacionados con esta. Coñecementos sobre os métodos anticonceptivos, condutas responsables, ou a información sobre  recursos sociosanitarios existentes serán algúns dos temas que se abordarán nesta área, coa edición de folletos informativos e a realización de distintas actividades.

“Emprender na mocidade 2.0”  é o outro eixo temático do programa, tamén con sesións formaritas que buscan dotar aos /ás participantes de coñecementos básicos para o emprendemento e a incorporación ao mundo laboral, a través da adquisición de habilidades e ferramentas dixitais. A sesións serán do 15 ao 18 de abril na Casa da Cultura

Inscricións no Concello

Para participar nestas actividades, sen custe algún para os usuarios, é preciso inscribirse. Os interesados poden anotarse nas dependencias do Concello de Silleda ou chamando ao 986 580000.

“A educación, o coñecemento, e a participación da mosa mocidade están detrás desta completa iniciativa que abordará cuestións de interese para os mozos e mozas de Silleda”, indica a concelleira de Xuventude, Pili Peón.