O Concello de Silleda prepara a primeira campaña da recollida de plásticos agrícolas

Silleda, 12 de abril de 2021. O Concello de Silleda poñerá en marcha nas vindeiras semanas a que será a primeira fase do ano da Campaña de recollida de plásticos agrícolas e invernadoiros do ano 2021, un servizo gratutito para as explotacións do municipio.

A campaña, organizada dende os departamentos de Medio Ambiente e Medio Rural, que dirixen respectivamente Klaus Brey e Jesús Taboada, ca colaboración da empresa SIMA, está previsto que se execute na segunda semana do mes de maio.

As persoas interesadas en dispoñer deste servizo de recollida porta a porta, deben de chamar ao 986 580000, en horario de 08:00 a 15:00 horas, antes do vindeiro 7 de maio. Deben indicar nome, enderezo, teléfono e ubicación dos plásticos.

Así mesmo lembrase que só se recollerán plásticos agrícolas e de invernadoiro,  que hai evitar metelos en sacas big-bag que dificultan o proceso de reciclado e que estes fardos, deberán ter a menor suciedade posible, non poderán conter outras materias impropias como garrafas, fios de empacar, rodas, tubaxes de PVC,  e ser  depositados en lugar libre de obstáculos, coma árbores , maquinaria etc. para facilitar o

Edición de folletos e bandos

Esta será a décimo terceira edición desta campaña de recollida de plásticos, que se realiza en Silleda dúas veces ao ano, en primavera e outono. Está previsto que nos vindeiros días se editen dípticos informativos para enviar aos domicilios, así como a colocación de bandos informativos para a veciñanza.

As campañas que se realizan en Silleda dende hai 13 anos son todo un éxito, cunha retirada de estes elementos contaminantes moi significativa. Así, no ano 2020 retiraronse un total de 93. 440 kilos de plásticos agrícolas, nas dúas campañas realizadas, sen contar os que se depositan ao longo de todo o ano no Punto Limpo de Silleda.