O Concello de Silleda publica a lista definitiva de persoas admitidas/excluídas para a praza de animador/a sociocultural

– Pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na páxina web do Concello de Silleda.

– O exame que teñen que realizar as persoas admitidas será o martes 31 de outubro, ás 10:30 no Salón de Actos do Viveiro de Empresas do Polígono Industrial Área 33.

Silleda, 24 de outubro de 2023. O Concello de Silleda vén de publicar a lista definitiva de persoas admitidas para a praza de animador/a sociocultural como funcionario/a interina, a fin de cubrir a baixa médica da persoa que ocupa o posto.

O prazo de solicitudes acabou o venres 13 deste mes, presentándose en total 23 persoas, das cales dúas foron descartadas por enviar a solicitude fóra de prazo. Transcorrido o prazo de reclamacións á citada listaxe ou de enmendar deficiencias, as persoas admitidas seguen sendo 23.

A lista pode consultarse no taboleiro de anuncios do propio concello e da sede electrónica e tamén na web do Concello de Silleda.

Ademais, as persoas aspirantes admitidas terán que realizar un exame (fase de oposición) o vindeiro martes 31 de outubro, ás 10:30 no Salón de Actos do Viveiro de Empresas Municipal, ubicado no Polígono Industrial Área 33.