O Concello de Silleda publica as normas para acceder ás axudas de libros e material escolar do curso 2020-2021

Silleda, 11 de setembro de 2020. O Concello de Silleda publica hoxe venres as as normas para acceder ás axudas de libros e material escolar do curso 2020-202, aprobadas pola Xunta de Goberno Local, para familias que precisan de especial protección ou que teñan a todos os membros en situación de desemprego. O prazo remata nos 15 días posteriores a esta publicación. As axudas ao transporte poderán solicitarse unha vez realizada a publicación no BOP de Pontevedra.