O Concello de Silleda remata a obra para a instalación de novos banquillos no campo de fútbol de Mularedos, en Lamela

-O alcalde e a concelleira de Deportes visitaron o terreo de xogo xunto con membros da directiva. Esta dotación súmase a outras realizadas no último ano, como a dotación dun pozo para regar debidamente o campo, de herba natural

Silleda, 20 de agosto de 2021.  O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Deportes e de Vías e Obras, vén de rematar en días pasados a obra para a dotación de novos banquillos no campo de Mularedos, na parroquia de Lamela.

Operarios municipais levaron a cabo esta mellora das instalacións deportivas, coa colocación dos novos banquillos, en aceiro e metacrilato, e a construcción dun muro na zona de actuación.

O campo de Mularedos era o único dos 4 que contaban cuns banquillos feitos de cemento, que foron construidos na década dos anos 70, e acusaban un grandísimo deterioro, ademais de non  cumprír cas medidas do terreo de xogo.

Ca adquisición e obras de colocación destas novas estruturas, o Concello de Silleda sigue a mellorar as infraestruturas deportivas, neste caso no campo de Lamela, un dos clubs de fútbol máis antigos da comarca, onde tamén se levaron a cabo importantes dotacións nos últimos meses. Así, o pasado ano dotouse ao campo cunha captación de auga, mediante pozo de barrena, para facilitar as labores de regado do céspede, ademais de realizar melloras nos aseos e dotalo, a finais de 2019, dun novo alumeado, con luces LED.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e a concelleira de Deportes, Mónica González, visitaron hoxe as instalacións xunto con membros da directiva do club, que preside Antonio Collazo.

Cuiña destacou ademais a colaboración da entidade no mantemento do campo, que se dotou de céspede no ano 2012.

Alumeado en Laro

Ademais nos vindeiros días está previsto que remate a tramitación para adxudicar a dotación de alumeado no campo de fútbol de Agronovo, na parroquia de Laro, actuación que se acometerá como no caso do de Lamela, a través dos fondos que lle corresponden ao municipio polo Fondo de Compensación Ambiental.