O Concello de Silleda reparte máis de 98.000 euros en subvecións a colectivos culturais, veciñais e entidades deportivas

-A resolución provisional foi aprobada a semana pasada en Xunta de Goberno Local e poderá consultarse no taboleiro de anuncios do Concello

Silleda, 23 de agosto de 2021. O goberno municipal de Silleda vén de aprobar na súa última sesión celebrada a semana pasada  o reparto das axudas a entidades para a realización de actividades culturais, para entidades deportivas e para aquelas de participación social e/ou veciñal.

En total outorgaranse 98.100 euros nas tres liñas de axuda, adicándose 23.000 euros para as asociacións culturais (as que hai que sumar as aportacións nominativas para as dúas bandas de música) ; 35.000 euros para as asociacións deportivas; e 5.100 euros para as asociacións de participación social

A proposta, coa relación de beneficiarios e a puntuación, quedará exposta ao público no taboleiro de anuncios do Concello (planta baixa) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica. Esta resolución comunicouse tamén aos colectivos, que disporán a dun prazo de 10 días, (contados a partires da recepción da resolución), para a aceptación da resolución.

A comisión de valoración outorgou unha serie de puntuacións tendo en conta os criterios recollidos nas bases destas dúas convocatorias, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP de Pontevedra), e que este ano, vista a situación pola pandemia, incluiron tamén a posibilidade de optar ás axudas para actividades e tamén para a adquisión de bens materiais.  As tres convocatorias, concorreron menos colectivos que en anos anteriores.

Subvencións culturais e veciñais

Nas subvencións culturais o reparto tamén tivo en conta –tal e como establecen as bases- as necesidades de agrupacións de coro e de baile tradicional no tocante aos gastos de dirección. Así, nesta liña a proposta recolle o seguinte reparto 2.998,75 euros para a Coral Polifónica Trasdeza; 1.282,80 euros para o colectivo Coto do Castelo de Graba; 4.355,25 para a Asociación Cultural Xirandola; 1.336,25 para a Asociación Feiral Semana Verde; 2.878,50 para o Coro Vales Mahía; 2.184,55 para a Anpa Musiquiños;  3.650,55 euros para a Asociación Cultural Vista Alegre; 641,40 euros para Son da Fervenza e 3.670,75 para a agrupación Fortín da Pomba.

No referente á convocatoria de subvencións de carácter veciñal e/ou participación social, o listado de beneficiarios inclúe a Asociación de Veciños de Negreiros, con 371,36 euros; Copa do Castro, con 675,20 euros; A Costa de Abades, con 708 euros;  Asociación San Miguel de Lamela, 708 euros; Avecuco de Cortegada, 624, 56 euros; Vilar de Trasdeza con 624, 56 euros; Avema, con 708 euros; e a asociación Santiago Apóstolo de Taboada con 675,20 euros.

Subvencións deportivas

Na liña das subvencións deportivas, concorreron só dous clubes menos que o pasado ano. O reparto proposto inclue a Escola de Fútbol de Silleda con 6.022,68 euros; o Club de Pesca Deportiva Río Deza con 700 euros; SPD Deza Pádel con 2.88,57 euros; Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda, con 3.000 euros; Club Deportivo Castillo Ulla Deza con 600 euros; Club Petanca Bandeira, 2.415, 15 euros; BTT Trasdeza con 2.161,99 euros; a S.D Bandeira con 6.458,65 euros; e os clubes C.F Laro, C.F. Lamela e S.D Silleda, aos que se outorgan respectivamente 3.850,11 euros.

Subvención nominativa ás bandas

Polas súas especiais características de funcionamento e a labor didáctica que realizan, este ano por primeira vez a Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira terán subvención nominativa, sen concorrer cos demais colectivos, con axudas respectivamente de 20.000 e 15.000 euros, que se deben de xustificar con gastos e facturas ao igual que no resto dos casos.

Prazo de xustificación

Así, e en canto aos prazos de xustificación, as entidades beneficiarias terán que presentar a documentación e facturas correspondentes para cobrar estas axudas antes do vindeiro 30 de novembro.