O Concello de Silleda reparte máis de 98.000 euros en subvecións a colectivos culturais, veciñais e entidades deportivas

Silleda, 12 de agosto de 2019. O goberno municipal de Silleda aprobou o pasado venres en Xunta de Goberno Local  o reparto das axudas a entidades para a realización de actividades culturais, para entidades deportivas e para aquelas de participación social e/ou veciñal.

En total outorgaranse 98.100 euros nas tres liñas de axuda, adicándose 58.000 euros para as asociacións culturais; 35.000 euros para as asociacións deportivas; e 5.100 euros para as asociacións de participación social

A proposta, coa relación de beneficiarios e a puntuación, quedará exposta ao público no taboleiro de anuncios do Concello (planta baixa). Esta resolución estase a comunicar tamén aos colectivos, coa cantidade e puntos outorgados a cada un, e disporán a dun prazo de 10 días, (contados a partires da recepción da resolución), para formular alegacións á resolución. De non presentar ningunha alegación, entenderase que aceptan as valoracións provisionais.

A comisión de valoración outorgou unha serie de puntuacións tendo en conta os criterios recollidos nas bases destas dúas convocatorias, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP de Pontevedra).

Subvencións culturais

Nas subvecións culturais a entidade que obtivo unha maior puntuación foi a Banda de Música Municipal de Silleda, que percibirá 18.750 euros.

O reparto complétase coa Asociación da Banda de música Recreativa Cultural de Bandeira, 14.600 euros; Xirandola, 5.900 euros; Fortín da Pomba, 5.380 euros.; Coral Polifónica Trasdeza, 3.500 euros; Vista Alegre, 3.000 euros; Coro Vales Mahía, 2.150 euros; Gaiteiros da Pereiriña, 715 euros; O son da Fervenza, 715 euros; O Cruceiro de Breixa, 615 euros;  Asociación Sociocultural de Cortegada, 515 euros; Coto do Castelo, 515 euros; ANPA Musiquiños, 515 euros; Semana Verde, 305 euros; Asociación de Refoxos, 305 euros; Axóuxere, 305 euros; e Asociación de Escuadro, 215 euros.

No referente á convocatoria de subvencións de carácter veciñal e/ou participación social, o listado de beneficiarios inclúe a Veciños de Laro (385€); Vilar de Trasdeza (385€); Mulleres do Municipio de Silleda (360€);  Santiago Apóstol de Taboada (360€); ANPA Brincadeira (360€); Avema (330€); San Miguel de Lamela (320€); Avecuco de Cortegada (310€); Ansemil-Martixe (310€); Mulleres Fervenza do Castelo (300€); Amigos da Casa Escola de Paredes (300€); A Costa de Abades (300€); Veciños Parroquia de Parada (270€); Mulleres Rurais Santa Isabel (270€); Asociación San Félix (270€) e Mulleres Rurais Dornelas (270€).

Subvencións deportivas

A entidade con maior puntuación foi a S.D Bandeira, con 100, á que lle corresponden 6.186 euros. Séguelle a Escola de Fútbol de Silleda, con 98, que recibirá 6.062 euros.

A S.D Silleda perticibirá 4.206 euros; o C.F Lamela 3.773 euros; CF Laro 3.500€; a Sociedade de Caza, Pesca e Tiro 3.000 euros; BTT Trasdeza 2.412 euros; Club Petanca Bandeira 1.917 euros; Deza Pádel 1.979 euros; Club de Pesca Deportiva Río Deza 804 euros; Club Castillo Deza 600 euros e Club Toxarco 556 euros.

As bases foron aprobadas no pleno do pasado 25 de xaneiro, introducindo como modificación xeral respecto ás do ano anterior as datas de xustificación. Así, estas axudas municipais deberán de xustificarse como data límite o 15 de novembro.