O Concello de Silleda saca de novo a concurso a xestión do café bar do centro social dos maiores

Silleda, 1 de outubro de 2015. O goberno municipal de Silleda aprobou na última sesión da Xunta de Goberno Local o prego de condicións para licitar a xestión do café bar do Centro Social dos Maiores de Silleda, sito na rúa da Chousa Nova.

O prezo de licitación é de 1 euro ao ano máis IVE, mellorable á alza. A xestión desta cafetería sácase de novo a concurso por un prazo de 2 anos, prorrogable de xeito anual ata un máximo de 4 anos.

A adxudicación realizarase mediante procedemento negociado. As persoas que queiran optar poden presentar as súas ofertas no Rexistro Municipal, nun prazo de 10 días naturais  contados a partir deste sábado día 3. Os interesados deben presentar a documentación en dous sobres pechados (un coa documentación administrativa que se require nos pregos e outro coa oferta económica) ademais de cubrir uns anexos cunha declaración responsable.

O prego coas condicións da adxudicación e os criterios a ter en conta pode consultarse na web municipal, no Perfil do Contratante, dentro do apartado de Xestión de Servizos. No prego figuran tamén os anexos que deben de cubrir os solicitantes.

Para a adxudicación teranse en conta cuestión coma a experiencia na actividade da hostalería, cargas familiares ou proposta económica, entre outros.

Os pregos tamén recollen as condicións nas que debe presetarse o servizo e os dereitos e obras das partes.