O Concello de Silleda sortea unha noite para dúas persoas con almorzo no Remanso de Trasfontao

O Concello de Silleda, en colaboración co establecemento turístico Remanso de Trasfontao, pon en marcha un atractivo sorteo para todas aquelas persoas que visiten estes días o stand municipal na feira.

O premio consiste nunha noite para dúas persoas con almorzo incluído no Remanso de Trasfontao, un espazo de descanso e natureza en Silleda que ofrece unha experiencia única de relaxación e desconexión. O premio poderá ser disfrutado durante todo o ano (agás os sábados de tempada alta).

A participación no sorteo é moi sinxela e realízase a través das redes sociais oficiais do Concello e do Remanso de Trasfontao, tanto en Instagram como en Facebook. Para optar ao premio, os participantes deberán:

1️⃣ Seguir as contas oficiais do Concello de Silleda e do Remanso de Trasfontao en Instagram (@concellodesilleda e @remansodetrasfontao) ou en Facebook (Concello de Silleda e Remanso de Trasfontao).
2️⃣ Comentar na publicación do sorteo indicando con quen lles gustaría compartir esta experiencia.
3️⃣ Facer unha foto na Fervenza do Toxa que hai no stand do Concello na feira, etiquetar a @concellodesilleda e publicala nas súas historias de Instagram ou Facebook.


👉 Para confirmar a participación, será preciso enviar unha captura de pantalla por mensaxe directa ao Concello para verificar que a historia foi publicada.

O prazo para participar estará aberto ata o domingo 8 de xuño ás 23:59 horas. O gañador ou gañadora será anunciado a próxima semana nas redes sociais do Concello.

Organizan: Concello de Silleda & Remanso de Trasfontao.

Máis información en:

👉 @concellodesilleda
👉 @remansodetrasfontao