O Concello de Silleda súmase á acollida de persoas refuxiadas da Ucraína que está a coordinar a Fegamp

-Dende o departamento de benestar Social, estase tamén a contactar cas familias ucranianas residentes no municipio para poñerse á súa disposición

 

Silleda, 2 de marzo de 2022.  O Concello de Silleda vén de sumarse á solicitude de Axuda que fixo chegar hoxe a Federación Galega de Municipios e Provincias, Fegamp, para coordinar a petición Secretaría de Estado de Migraciones do Ministerio de Inclusión Social, Seguridad Social y Migraciones, e da Xunta o acollemento de familias procedentes de Ucraína.

Así mesmo, dende o departamento de Benestar Social, a concelleira Ángela Troitiño, tamén se está a poñer en contacto cas familias procedentes do país que residen en Silleda. “Ao igual que fixemos no ano 2016 durante a crise cos refuxiados de Siria, poñémonos a disposición das Administracións superiores para axudar no que sexa posible, así como das familias ucraínas que residen no municipio”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

A día de hoxe en Silleda hai 19 persoas de nacionalidade ucraniana empadroadas no termo municipal de Silleda.