O Concello de Silleda volve concorrer ao programa autonómico para crear un un viveiro de empresas no Polígono Área 33

Silleda, 24 de xaneiro de 2019. O Concello de Silleda volverá a concorrer á liña de axudas da Xunta de Galicia destinadas á creación de viveiros de empresas en polígonos industriais de Galicia.

O goberno municipal conta xa cun proxecto para lograr esta dotación no Parque Empresarial Área 33

Prevese a dotación dun edificio na parcela municipal situada xunto á rotonda do parque, que se levantaría, -como xa se avanzou no seu día- integrándose coa actual nave municipal sita nesta parcela. Este novo edificio serviría como sede para novas empresas tecnolóxicas ou de deservizos, permitindo a persoas emprendedoras a posibilidade de contar cun espazo de traballo.

Do mesmo xeito, tamén se plantexa como lugar de encontro e reunión entre distintos profesionais.

Segundo o proxecto realizado polo Concello de Silleda, o novo edificio proxéctase cunha estrutura de planta baixa, en forma de “L”, e adxacente á nave que xa existe na parcela municipal, xunto á rotonda do parque emrpesarial.

O deseño permitiría unha fugura ampliación cunha nova planta nunha seguinte fase.

O proxecto contempla espazos como unha cafetería, vinculada ao acceso principal, despachos para as empresas, salón de actos, e aseos accesibles.

“Plantéxase a construcción dunha estrutura modular que permitiría, se fose necesario, ir ampliando o edificio para acoller novos servizos”, indica o alcalde Manuel Cuiña.  O orzamento estipulado no proxecto e de 349.085 euros.

“Con esta proposta cumplimos co noso compromiso de crear un edificio destinado a viveiro de empresas e centro empresarial en Área 33”, indica o alcalde Manuel Cuiña, que lembra que dende o goberno municipal se teñen realizado distintos investimentos nos últimos anos na mellora do polígono silledense e optado, aínda que sen éxito ata agora, a esta liña de axudas para a creación dun viveiro empesarial, que volve convocarse a través da orde autonómica publicada o pasado día 10.

“A día de hoxe en Silleda contamos cun polígono no que afortunadamente case a práctica totalidade das naves están ocupadas”, indica resaltando que a actividade industrial de Silleda “non solo se recuperou senon que se está afianzando, con novos proxectos empresariais que crean postos de traballo e que atraen poboación ao noso municipio”, engade.

Ademais da mellora do viario e novas dotacións de servizos, no último ano acometeronse actuacións no parque empresarial Área como a sinalización e creación do rueiro en todo o parque e a mellora nos accesos.

“Con esta iniciativa continuamos traballando na mesma línea de colaborar co sector empresarial”, engade o alcalde.