O Concello de Silleda xa conta cun protocolo para as instalacións municipais onde están previstas actividades nos vindeiros meses

-No municipio hai xa 15 casos rexistrados, 7 máis que a pasada semana. O goberno local reclamará á Xunta que aclare cómo proceder á hora de vixiar que as persoas afectadas cumpran a corentena

 Silleda,  2 de setembro de 2020.  O goberno municipal de Silleda mantivo hoxe un encontro para avaliar a incidencia da COVID 19 no municipio. Tendo en conta a aparición de abrochos nas dúas últimas semanas, e como xa se anunciou en días pasados, xa se está a continuar cas desinfeccións periódicas nas rúas e espazos públicos.

Nas tarefas de desinfeccións tamén se terán en conta os accesos a todos os centros educativos do municipio.

Así mesmo, está xa rematado o protocolo hixiénico-sanitario para instalacións como a Escola de Música ou Casa da Cultura, nas que está previsto retomar a actividade nas vindeiras semanas. Este protocolo complementarase casos como a Escola de Música con medidas específicas propostas polo personal dos centros.

Do mesmo xeito tamén se está a traballar noutro protocolo para as instalacións deportivas, nas que se está pendente, nalgún caso, das directrices das respectivas federacións en actividades como fútbol ou baloncesto.

A día de hoxe son xa 15 os casos rexistrados no municipio de Silleda. Aos 8 confirmados a semana pasada súmanse outros 7. Nos últimos días confirmáronse dous novos casos relacionados con outro núcleo familiar que xa estaba contemplado no primeiro reconto; e outros tres novos sen relación entre eles.

Hoxe mércores constatábanse outros dous novos, co que o reconto actual sitúase en 15 casos. “Visto que os casos continúan aumentando, estaremos alerta nos vindeiros días para ir implementando as medidas que sexan necesarias”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, calificando de “preocupante a situación, sobre todo porque salvo un dos brotes que se concentra únicamente nunha familia, o resto son casos aillados”.

Neste senso, Cuiña fai un chamamento á Xunta para tratar de reforzar os equipos de rastreo e o sistema de vixiancia para que as persoas do entorno dos afectados cumpran ca corentena.

“En días pasados tivemos chamadas de veciños ás forzas da orde alertando de que persoas que convivían con afectados non estaban a respetar o aillamento”, sinala o alcalde.

“Sabemos que prevalece a Lei de Protección de Datos, e ninguén quere nin moito menos estigmatizar a estas persoas que xa bastante teñen con padecer a enfermidade ou ter familiares afectados, pero en casos como estos habería que buscar solucións máis áxiles para que no caso dos Concellos personal como a Policía Local poida actuar”, indica.

Cuiña remítise á orde da Xunta do pasado 29 de agosto polo que se aproba o Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en relación cos aillamentos e corentenas. “Entendemos que o sistema de rastreo non está a funcionar todo o ben que deberá”, engade, “sinalando que tampuco ten lóxica que estén previstas sancións, cando a Policía Local non pode ter datos das persoas que están obrigadas a aillarse”, engade.

En canto á programación Cultural para as vindeiras semanas, de momento manteránse os actos previstos, tendo en conta que a maioría son ao aire libre, con aforo reducido e que se intensificarán as medidas de prevención.