O Concello extende a rede de saneamento a varias vivendas do lugar de Outeiro

Silleda, 29 de setembro de 2014. O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, iniciou hoxe os traballos para levar a rede de saneamento á zona de Outeiro, en Silleda. As máquinas procederon á apertura das zanxas no viario para realizar as correspondentes tarefas de canalización das tubaxes.

Con esta actuación dase servizo a un total de 7 vivendas ubicadas nesta zona periférica de Silleda e que aínda non estaban conectadas á rede de saneamento.

“Deste xeito continuamos ampliando a rede de servizos básicos para os nosos veciños e veciñas”, indica o alcalde, Manuel Cuíña, que hoxe visitou os traballos.

Unha vez realizada a canalización, dende o Concello de Silleda procederase tamén a adecentar este vial de Outeiro.