O Concello mellorará o campo da festa de Breixa

Silleda, 16 de febreiro de 2015. O Concello de Silleda realizará obras de mellora no campo da festa da parroquia de Breixa. O proxecto de reparación deste espazo, que ocupa unha parcela de 1.074 metros cadrados, onde tamén se sitúa o centro social da localidade.

Os traballos consisten, segundo se recolle no proxecto, na dotación de unha nova base formada por unha soleira de formigón contínuo semi pulido e coloreado de cor marrón.

De forma previa aos traballos contemplase a limpeza e preparación da superficie e outras tarefas preliminares que culminarán con novo pavimento.

“A mellora do campo da festa e unha antiga demanda da parroquia de Breixa, onde os veciños levan anos solicitando que se faga unha actuación para mellorar o pavimento”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Esta actuación ten un orzamento total de 25.581 euros. “En canto se realicen os trámites oportunos agardamos poder realizar canto antes esta obra, que se enmarca na mellora de espazos públicos e de infraestruturas no noso termo municipal”, engade.