O Concello outorga licenza de obra para a construcción da Residencia de Maiores e Centro de Día

Silleda, 27 de xuño de 2017.  Nos vindeiros días, previsiblemente na próxima semana, dará comezo unha das obras máis agardadas no municipio de Silleda: a construcción da Residencia de maiores e Centro de Día. A Xunta de Goberno Local vén de outorgar a licenza de obra a empresa Coviastec Silleda S.L.

Logo de que se abrirá xa o centro de traballo, a empresa ten previsto iniciar xa na vindeira semana as obras para levantar, na parcela cedida polo Concello de Silleda, o edificio no que se ubicará este agardado servizo.

A Residencia contará con 59 plazas e o Centro de Día con outras 20. A invesión total que executará a empresa ascende a 3,8 millóns de euros. O  edificio deberá de  estar rematado nun prazo máximo de ano e medio dende o inicio da construcción.

Coviastec foi a única empresa que se presentou ao concurso público da concesión demanial para a construcción e xestión do futuro centro por un periodo de 75 anos.

O alcalde en función, Klaus Brey,  destaca que os silledenses terán neste centro unha das prazas de Centro de Día máis baratas de Galicia, cun máximo de 300 euros ao mes, e tamén unhas das prazas residenciais máis baratas da comunidade.

 “Antes de que remate a lexislatura poderemos ter logo de moitos anos de espera un dos servizos máis necesarios e agardados polos nosos veciños e veciñas”, indica Brey.