O Concello realiza obras para rematar as beirarrúas do trama da Esmorga, na Bandeira

Silleda, 12 de marzo de 2015. O Concello de Silleda vén de iniciar os traballos para acaba de rematar a colocación da baldosa na rúa  da Esmorga, na Bandeira. Operarios municipais realizan esta tarefa para completar os tramos desta vía que quedaron sen rematar dende hai anos.

“Con estos traballos as beirarrúas da zona, moi frecuentada polos veciños e veciñas da localade quedarán completamente rematadas”, apunta o alcalde, Manuel Cuiña, que visitou o lugar .  Estas obras veñen a sumarse no caso da Bandeira ás beirarrúas de Hulleiro, que se remataron a pasada semana, e a outras coma as da rúa Morón ou Rúa Pontevedra, en Silleda, “onde este goberno tamén asumiu o remate de obras que anteriores gobernos deixaron a medias”, engade.

En canto á rúa Esmorga, Cuiña lamenta que por mor do roubo do cableado esta zona esté a día de hoxe sen luz pública. O alcalde explica que no su día o actual goberno local tivo que pagar á empresa Hidroeléctrica 15.000 euros de recargo (por lecturas atrasadas) para poñer en funcionamento o alumeao público na zona “pero desgraciadamente xusto antes de prender tanto a rúa Esmorga como a Chousa Grande, produciuse como todo o mundo sabe o roubo de todo o cableado neses tramos”,  engade. O rexedor explica que para dar servizo de alumeado dende o Concello de Silleda haberá que facer unha inversión destacada “para instalar de novo todo o cableado”.