O Concello remata as aceras da rúa Ulleiro, na Bandeira

Silleda, 27 de xaneiro de 2015. O Concello de Silleda continúa coas tarefas para rematar beirarrúas nos casos urbanos. Así, logo de acabar o tramo da rúa Morón de Silleda, os operarios municipais iniciaron esta mañá os traballo para dotal de balsosa todo o tramo da rúa Ulleiro, na Bandeira, que leva anos só con cemento.

Nos vindeiros días rematarase pois todo este tramo, que enlaza coa rúa Vistalegre, onde falta tamén por colocar baldosa no  último trozo.

O alcalde, Manuel Cuiña, e o concelleiro de Servizos, Klaus Brey, achegáronse esta mañá ata o lugar onde xa se iniciaron as obras. “Con esta actuación continuamos a liña iniciada para finalizar as beirarrúas que levaban anos sen baldosa, co que se mellorará tanto en estética como en seguridade”, engade.

Entre as vindeiras actuacións deste tipo que están previstas dende o Concello figura tamén o arranxo das beirarrúas no tramo da Esmorga, tamén na Bandeira, “outra das rúas que anteriores gobernos deixaron inacabadas”, engade Cuiña. 

Acondicionamento de solar na rúa Xeral

Por outra banda tamén se están a realizar estes días os traballos para soterrar cableados no solar da rúa Xeral da Bandeira cedido ao Concello para realizar unha zona axardinada e de paso de uso público.