O Concello solicitará un bolseiro/a a través de Feuga para o departamento de Turismo

Silleda, 28 de setembro de 2013. O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Turismo, vén de trasladar á Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) unha solicitudes para contar cunha  guía turístico/a. Esta solicitude chega coa posibilidade de establecer convenios coa citada entidade para a formación de Licenciados e Diplomados en Turismo, e de titulados de Ciclo Formativo de Grao Superior en Turismo.

En caso de que as solicitudes prosperen, o Concello de Silleda asinaría un convenio para poder manter a atención turística no Mosteiro de Carboeiro así como na oficina de Turismo. As bolsas terían un duración de seis meses.

Dende o goberno municipal xa que acordou reservar unha cantidade de 4.301, 52 euros, a razón de 716,92 euros ao mes (para un periodo de seis meses).

Dende o departamento de Turismo, que dirixe Margarita Campos, destácase o aumento de solicitudes de visitas guiadas ao monumento por excelencia da comarca do Deza. “Consideramos que pode ser unha boa oportunidade para as persoas con titulacións en turismo”, sinala a concelleira.