O curso de Break Dance que oferta o Concello de Silleda xa ten datas de celebración

-A actividade ofértase mediante un acordo de adhesión do concello co programa “DepoRúARTE 2016” da Deputación de Pontevedra

Silleda, 20 de xullo de 2016.  O Concello de Silleda, dende a Concellería de Xuventude, adheriuse en meses pasados ao programa de dinamización xuvenil “DepoRúARTE” da Deputación de Pontevedra, que ten por finalidade levar a cabo actividades educativas e de lecer que atendan as demandas do colectivo xuvenil.

Mediante este programa, o concello oferta un curso intensivo gratuíto de Break Dance dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos empadroados no municipio.

Os interesados poderán inscribirse ata o vindeiro 20 de agosto na Casa da Xuventude. Existe un mínimo de 20 inscritos para a actividade, de non acadalos, o curso non se levaría a cabo.

As datas para a realización do curso serán entre o 5 de setembro e o 10 de outubro, de 20:00 e as 22:00 horas, no Pavillón Municipal César González Fares de Silleda.